Membros de UXAFORES participan en dous proxectos da Fundación Biodiversidade que se inician en 2024

De entre os proxectos aprobados por la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) na súa convocatoria de axudas para o fomento da bioeconomía forestal 2023 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea -NextGenerationEU e que se executaran entre 2024-25 dous de eles teñen participación de membros de UXAFORES.

Membros de UXAFORES participan en dous proxectos da Fundación Biodiversidade que se inician en 2024

O proxecto “Laboratorio Ecosocial do Barbanza: un laboratorio vivo para a xestión multifuncional e custodia colectiva do territorio (BARBANZA ECOSOCIAL)” quere impulsar nos montes do Barbanza (A Coruña) unha transición cara á sostibilidade medioambiental e un incremento na resiliencia da súa xestión territorial. Este proxecto basease na existencia do “Laboratorio Ecosocial do Barbanza” que é un living lab de investigación e acción que traballa nesta área dende 2020 e que quere converterse nun referente no ámbito europeo. Pretende integrar a todos os axentes da cadea de valor agroforestal mediante un enfoque multiactor, reactivando áreas abandonadas, introducindo gando e aproveitando os recursos de xeito sostible para conservar a biodiversidade, activar a economía e previr os incendios.

O proxecto está coordinado por a Fundación RIA e nel participan, ademais da USC (CISPAC e grupos de investigación HISTAGRA e UXAFORES), a Plataforma pola Defensa do Monte, a Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, o Concello de Rianxo e a Fundación Montescola; e conta cun orzamento de dous millóns de euros. Máis información sobre o proxecto pode atoparse no sitio web da Fundación Biodiversidade no apartado referido a BARBANZA-ECOSOCIAL.

 

O proxecto “Bioeconomía forestal e manexos da auga como revulsivo para a reactivación das comarcas do nordeste de Granada (REVIERTE)” propor solucións en toda a cadea de valor forestal, partindo dos propietarios forestais, a silvicultura e a xestión da auga, ata o desenvolvemento e comercialización dun novo produto de madeira técnica para unha construción baixa en carbono. Todo isto, coa finalidade de que o impacto dunha mellora da xestión hidrolóxica-forestal free o despoboamento e o abandono na xestión das masas forestais e dos sistemas históricos de manexo da auga nas comarcas do noroeste de Granada.

O proxecto está coordinado por a Universidade de Granada e nel participan, ademais da USC (PEMADE), a Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España do CSIC, a Asociación de Propietarios Forestais de Andalucía Oriental para o Desenvolvemento Sostible e Conservación da Biodiversidade-FORET e PEFC; contando cun orzamento aproximado dun millón setecentos cincuenta mil euros. Mais información sobre o proxecto pode atoparse no sitio web da Fundación Biodiversidade no apartado referido a REVIERTE e no sitio web do proxecto REVIERTE.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar