Quen somos?
A Unidade de Xestión Ambiental e Forestal Sostible (UXAFORES) é un grupo de temática forestal e medioambiental que realiza actividades de investigación, así como traballos e proxectos para empresas, particulares e Administracións Públicas. Ten a súa sede na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.
Historia
En 2001 unha serie de docentes pertencentes aos actuais Departamentos de Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Edafoloxía e Química Agrícola fundaron o grupo de investigación Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS). No ano 2002 foi incluído no Catálogo de Grupos de Investigación da USC (código GI-1837) e no 2009 no Catálogo de Grupos de Investigación pertencentes ao Sistema Público de I+D+I de Galicia (código 09IDI1794).
No ano 2019, a raíz da ampliación dos seus temas de investigación, cámbiase a súa denominación de UXFS a UXAFORES.
No ano 2008 iniciou o seu funcionamento a “Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural - PEMADE” dirixida polo membro de UXAFORES Manuel Guaita Fernández, como parte da “Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico RIAIDT” da USC. Inclúe un “Aula de formación” e un “Laboratorio de Enxeñaría Estrutural” que dan apoio docente, investigador e de servizos na enxeñaría da madeira con fins estruturais.
En 2018 aprobouse por parte da GAIN a creación da unidade mixta de investigación EIXO entre PEMADE e a empresa Financiera Maderera, S.A. FINSA (2018-2021).
A calidade das actividades realizadas por UXAFORES ten sido recoñecida pola Consellería correspondente da Xunta de Galicia a través da concesión das axudas como Grupo de Investigación de Referencia Competitiva do Sistema Universitario de Galicia nos períodos 2006-2009, 2011-2013, 2014-2017, 2019-2021 e 2022-2025 (axuda con cofinanciamento do FEDER nos dous primeiros períodos) e a través dos diversos premios obtidos.
UXAFORES formou parte (2018-2020), xunto con outros dezaseis grupos de investigación da USC, da Agrupación Estratéxica do Sistema Universitario de Galicia “BioReDes-Xestión e produción sostible de Biorecursos” financiada pola Consellería de Educación, Universidade e F.P. da Xunta de Galicia.
Servizos
Os servizos ofertados por UXAFORES ás empresas, os particulares e as administracións son os seguintes:
- Estudos: tarifas de cubicación, táboas de produción, inventarios forestais, proxectos de ordenación de montes, plans técnicos, diagnose nutricional e de fertilización forestal, avaliacións da biomasa forestal e do secuestro de carbono, informes sobre certificación forestal, etc.
- Elaboración de aplicacións informáticas para o inventario, a xestión forestal, etc.
- Análise de estruturas de madeira a través da Plataforma da Madeira Estrutural PEMADE
- Análise de solos, augas e mostras vexetais
- Diagnose de deficiencias e toxicidades
- Recomendacións de manexo de solos forestais e agrícolas
- Avaliacións fitosanitarias e sistemas de control de pragas
- Inventarios e caracterización de combustibles forestais, avaliacións de risco potencial de incendio forestal, planificación de actuacións de xestión del combustible
- Elaboración de libros, manuais prácticos ou documentación de divulgación forestal