Aviso legal
FINALIDADE, TITULARIDADE E ACCESO
UXAFORES.com é un portal dedicado á información e difusión das actividades de investigación, que inclúe datos, imaxes e recursos de titularidade do grupo de investigación UXAFORES da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Os seus contidos están protexidos polos dereitos de propiedade intelectual (artigo 12 da Lei de Propiedade Intelectual).
A persoa usuaria deste sitio web poderá efectuar os actos que sexan necesarios para o acceso ao contido da base de datos e a súa normal utilización.
Non se permite en ningún caso a utilización comercial do seu contido.
O acceso e uso do sitio web implica que o usuario acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir por completo os termos e condicións detallados no presente aviso legal.
O acceso ao sitio web é gratuíto. A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado, conforme á lei, dos contidos e servizos.
Cando unha persoa usuaria incumpra as advertencias legais e condicións de uso que aquí se especifican, o equipo responsable resérvase o dereito a emprender as accións legais oportunas en defensa dos seus dereitos.
OUTROS DEREITOS
Os dereitos de propiedade intelectual referentes aos contidos do sitio web, o soporte lóxico subxacente (incluído o código fonte), o deseño gráfico, así como os distintos elementos que integran o sitio web (signos distintivos, contidos e imaxes), corresponden ao grupo de investigación UXAFORES da USC, quedando prohibida a súa reprodución parcial ou total sen consentimento do seu lexítimo titular.
EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE
Tanto o acceso a este sitio web como o uso que poida facerse da información contida nel é responsabilidade exclusiva da persoa usuaria.
O titular non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo, que puidese producirse no equipo da persoa usuaria como consecuencia directa ou indirecta do acceso a este sitio web.
Así mesmo, o grupo de investigación UXAFORES da USC queda eximida de calquera responsabilidade derivada do mal funcionamento do sitio web que teña a súa orixe nunha circunstancia accidental, forza maior, traballos necesarios de mantemento ou calquera outra causa, así como de eventuais erros e inexactitudes que puidese conter o sitio web.
PROTECCIÓN DE DATOS E POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Este portal web non recolle nin trata datos de carácter persoal, sen prexuízo do que se indicará na política de cookies.