UXAFORES participa nunha xornada sobre biomasa
O día 4 de xuño vaise celebrar na Escola Politécnica Superior de Lugo da USC a xornada titulada “Recurso forestal de Galicia. Dixitalización e sostibilidade no aproveitamento da biomasa”.
A xornada está organizada polo Clúster da Biomasa de Galicia e nela colaboran a Xunta de Galicia e o grupo UXAFORES da EPSE.
Pola mañá desenvolveranse varios relatorio sobre: xestión forestal sostible, modelos de estimación da biomasa, a ferramenta de trazabilidade forestal (FORTRA) e a estimación de existencias do Inventario Forestal Continuo de Galicia. Pola tarde visitaranse as instalacións da empresa Biegal.
O programa detallado do evento pode consultarse no documento adxunto, no que tamén se atopa o enlace ao programa de inscrición a esta xornada de portas abertas.