Presentación do convenio entre a USC e XERA

Presentouse o convenio asinado entre a USC e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) a través da plataforma PEMADE.

O día 18 de novembro foi presentado na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría o convenio asinado entre a USC e a Axencia Galega da Industria Forestal (dependiente de la Consellería de Economía, Empleo e Industria da Xunta de Galicia) que desenvolverá a Plataforma da Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE). Ao acto asistiron a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo Dña. Montserrat Valcárcel, o presidente de XERA D. José Ignacio Lema, D. Óscar Andrés Quintela de Arrokabe Arquitectos e o director de PEMADE e miembro de UXAFORES D. Manuel Guaita.

O director de PEMADE, Manuel Guaita expuso os obxectivos que se abordarán no desenvolvemento do convenio, facendo fincapé en que a súa finalidade é valorizar o potencial forestal de Galicia e impulsar o uso da madeira na construción como recurso que, polas súas características (renovable, sostible, reutilizable e reciclable) é unha materia prima que pode integrarse nunha economía circular.

O representante de Arrokabe Arquitectos, Óscar Andres Quintela, presentou varios casos de éxito na construción en Galicia nos que realizaron un uso da madeira como material estrutural.

Con respecto ao convenio asinado, está dotado con mais de medio millón de euros, dos cales a Xunta aporta 389.000 e se desenvolverá ata o 2022.

O convenio está integrado no desenvolvemento da “Axenda de impulso da Industria Forestal” que foi deseñada entre a administración e os sectores empresarial e investigador implicados.

Autor: A. Rojo
Autor: A. Rojo

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar