Presentación da unidade mixta EIXO
Realizouse a presentación pública da UMI PEMADE-USC-FINSA, primeira unidade mixta no ámbito forestal.
O día 16 de setembro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo foi presentada a Unidade mixta de investigación (UMI) “EIXO” nun acto que contou coa asistencia de Dona Montserrat Valcárcel vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, , con Dona Patricia Argerey directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), con D. Javier Portela en representación de Finsa e co director de PEMADE D. Manuel Guaita.
As Unidades Mixtas son alianzas estratéxicas realizadas entre organismos de investigación e empresas para desenvolver proxectos de I+D+i mediante a colaboración público-privada. Estes proxectos teñen que estar aliñados coas prioridades e retos contidos na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3 Galicia).
Na presentación formuláronse as razóns polas cales desenvólvese a unidade e cales son os seus obxectivos relacionados coa economía circular e o incremento da competitividade do sector forestal, remarcándose o feito de que se trata da primeira unidade no ámbito forestal de Galicia.
Web de EIXO: https://eixo.es/eixo/