Novas breves: inverno 2022

Proxectos que se inician este ano e outros desenvolvidos coa participación de investigadores de UXAFORES

En 2022 UXAFORES obtivo novamente unha axuda na modalidade de grupo de referencia competitiva dentro da convocatoria do programa de consolidación e estruturación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Xunta de Galicia). A axuda abarca o período 2022-25 e supón un financiamento basal coa que cubrir necesidades que no estean contempladas noutras convocatorias doutros proxectos, permitindo ao grupo, entre outros, mantener este sitio web. Esta é a quinta axuda deste tipo que recibe UXAFORES, anteriormente como UXFS, dende o inicio de.stas en 2006.

 

Dous novos proxectos doa dirección de investigadores de UXAFORES foron aprobados na última resolución da Axencia Estatal de Investigación-AEI para Proxectos de Xeración de Coñecemento do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023.

“Problemas ambientales do uso de antibióticos ionóforos en produción animal: Diagnose, adsorción-desorción, efecto sobre os microorganismos e control con bioadsorbentes” dirixido por Esperanza Álvarez e Avelino Núñez. Os antibióticos iónoforos empréganse ampliamente en medicina veterinaria, principalmente no sector avícola e cunícola, para tratar a coccidiosis, unha enfermidade parasitaria que causa importantes pérdidas económicas na produción animal en todo o mundo. Estos fármacos son moi tóxicos para os humanos, e poden incorporase ao solo a través dos estiércoles ou purins utilizados como fertilizantes e de alí poden pasar aos cultivos, ás augas e incorporarse na cadea trófica. Con este proxecto preténdese: 1) coñecer as concentracións de antibióticos iónoforos  en purins, solos, cultivos e augas de distintas zonas agroganadeiras de Galicia; 2) estudar a dinámica destos fármacos no solo (degradación, transporte, procesos de adsorción e desorción) e o seu efecto sobre as comunidades microbianas presentes nel; 3) investigar medidas de control que eviten o seu paso ás augas e á cadea trófica, empregando materiais residuais/subproductos que poderían actuar como bioadsorbentes destos compostos.

“Valorización de residuos da agricultura como fertilizantes orgánicos sostibles para mellorar solos degradados e reducir a pegada de carbono (AGRORES)” dirixido por Agustín Merino García busca enfrontar os retos ambientais e económicos do sector agroalimentario español, tales como a xestión de residuos, a dependencia de fertilizantes minerais, a sobreexplotación de terras e a perda de competitividade debida aos altos costes enerxéticos. Na área atlántica, o proxecto enfócase a reducir os impactos ambientais debidos á aplicación de altas cargas de puríns bovinos en pasteiros e en mellorar os suoos agrícolas intensivos destinados a millo e cereais.

 

Foron aprobados tamén tres proxectos en colaboración con distintas empresas e asociacións do sector agrario dentro da convocatoria de Axudas para a execución de proxectos de grupos operativos da AEI-Agri financiados pola Xunta de Galicia e cofinanciados polo FEADER nos que participan investigadores de UXAFORES. Son os siguintes: “Incremento da productividade micolóxica dos piñeirais galegos COGOMELOS+” coa participación de Roque Rodríguez, Juan G. Álvarez, Esperanza Álvarez, Ana Isabel Barreiro, María L. Fernández, María J. Fernández, Avelino Núñez e Alberto Rojo; “Desenvolvemento de elicitadores de defensa no castiñerio do país (GO DELICAS)” con participación de María Josefa Lombardero e “BIOMAIS CO2” coa participación de Ulises Diéguez.

 

O Proxecto LIFE+ denominado “LIFE Wood For Future, Recuperación das alamedas da Vega de Granada para potenciar a biodiversidade e a captura de carbono a longo prazo mediante bioprodutos estruturais”, no que participa PEMADE coa coordinación da Universidade de Granada iniciado o ano pasado dispón dun sitio web onde se poden seguir os seús avances.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar