A UXAFORES está formada por un conxunto de investigadores dedicados a mellorar o coñecemento no ámbito do medioambiente e, especialmente no ámbito forestal.
Neste último traballan nun amplio rango de temas relacionados cos árbores e as masas forestais, estudando a súa xestión, o seu crecemento e produción, os riscos aos que están sometidos (incendios, pragas), os suelos que os sustentan e os produtos finais que se obteñen do seu aproveitamento.
No ámbito do medioambiente se traballa na identificación de distintos contaminantes e na proposta de medidas para retelos e evitar a súa entrada na cadea trófica a través do uso de residuos/subprodutos que poderían actuar como adsorbentes. Tamén se traballa na restauración de espazos degradados, fundamentalmente por actividades mineiras.
Planificación e xestión forestal
Investigadores principais: Álvarez González, J.G., Diéguez Aranda, U., Riesco Muñoz, G., Rodríguez Soalleiro, R., Rojo Alboreca, A.
Liñas:
- Modelización do crecemento e a produtividade forestal: modelos de árbore individual e de rodal, calidade da estación, tarifas de cubicación con clasificación de produtos, de biomasa e de contido en carbono, competencia, etc.
- Inventario e monitorización dos recursos forestais: LiDAR aéreo e terrestre, satélites, UAV e inventarios de campo.
- Optimización e toma de decisións multicriterio a nivel rodal e monte: programación lineal, enteira e mixta, técnicas heurísticas, métodos diferenciables, AHP e outros.
- Silvicultura: especies atlánticas de alto crecemento, plantacións enerxéticas e métodos de cuberta forestal continua.
- Outros aproveitamentos do monte: produción micolóxica.
- Ordenación de montes: zonas protectoras, espazos naturais protexidos, pequena propiedade e agrupacións.
- Certificación forestal: impactos ambientais, sociais e económicos.
- Desenvolvemento de aplicacións informáticas de axuda ao inventario e á toma de decisións na planificación da xestión forestal.
Propiedades e aplicacións da madeira
Investigadores principales: Guaita Fernández, M., Riesco Muñoz, G.
Liñas:
- Influencia da silvicultura e a estación forestal na calidade da madeira.
- Caracterización física da madeira procedente de cultivos clonais.
- Influencia dos fungos cromóxenos nas propiedades da madeira.
- Simulación numérica por elementos finitos da capacidade de resistencia da madeira para a construción.
- Optimización e cálculo de estruturas de madeira e as súas unións.
- Caracterización mecánica de madeira con fins estruturais.
- Aplicación de técnicas non destrutivas para avaliación da madeira estrutural.
- Estudo de comportamento de sistemas estruturais de madeira mediante ensaios mecánicos.
- Aplicación de técnicas de fotogrametría (Correlación dixital de imaxes DIC) para estudo do comportamento da madeira estrutural.
- Desenvolvemento de produtos innovadores para a construción en madeira.
- Avaliación do encolado en produtos de madeira técnica.
- Formación especializada en cálculo de madeira estrutural.
- Estimación da pegada de carbono en produtos estruturais de madeira.
Sanidade forestal.
Investigadores principais: Lombardero Díaz, M.J.
Liñas:
- Efectos dos insectos prexudiciais na calidade, crecemento e produción das masas forestais
- Especies invasoras
- Dinámica de poboacións de insectos forestais: efectos da temperatura, calidade nutritiva e sistema defensivo das plantas, microorganismos e fauna asociada no crecemento, supervivencia e reprodución de insectos forestais, especialmente no contexto actual de cambio global
Incendios forestais.
Investigadores principais: Álvarez González, J.G., Merino García, A., Ruiz González, A.D., Souza Alonso, P.
Liñas:
- Modelización da humidade de combustibles mortos en formacións vexetais arboradas e non arboradas
- Determinación de patróns estacionais de variación da humidade de combustibles vivos e formación vexetais arboradas e non arboradas
- Modelización de características estruturais do complexo de superficie determinantes da súa inflamabilidade e combustibilidade
- Modelización de características estruturais do dosel arbóreo determinantes do risco de inicio e de propagación do lume polas copas
- Catalogación de “situacións de combustible” en base aos criterios da “Fotoguía de combustibles forestales de Galicia y comportamiento del fuego asociado”
- Avaliación da efectividade de tratamentos silvícolas na redución do comportamento do lume
- Efecto dos incendios sobre os solos forestais
- Teledetección aplicada aos incendios forestais
Solos: nutrición, contaminación e rehabilitación
Investigadores principais: Álvarez Rodríguez, E., Barreiro Buján, A.I., Fernández Marcos, M.L., Fernández Sanjurjo, M.J., Merino García, A., Núñez Delgado, A., Rodríguez Soalleiro, R., Souza Alonso, P.
Liñas:
- Fertilidade do solo, fertilización e diagnose nutricional a través da análise de solos e vexetación.
- Efectos do manexo do solo. Medidas de conservación.
- Ciclos bioxeoquímicos e da materia orgánica.
- Papel do solo no cambio climático: biodiversidade de microorganismos e gases de efecto invernadoiro.
- Contaminación do solo por metais pesados e contaminantes emerxentes. Restauración e descontaminación de solos e augas.
- Revalorización de residuos e subprodutos no ámbito agroforestal e ambiental.
- Avaliación de impactos do lume no solo e restauración de áreas queimadas.
- Solos tropicais.