Finalizou o proxecto de investigación “Bioeconomía do Salix”
O proxecto de investigación “Bioeconomía do Salix” (FEADER 2017/019A), liderado pola empresa Industrias do Taboleiro S.A. (INTASA) e coa participación da Unidade de Xestión Ambiental e Forestal Sostible (UXAFORES) da Universidade de Santiago de Compostela concluíu
O obxectivo xenérico do proxecto era innovar na obtención de bioproductos mediante a biorrefinería do salgueiro, avaliando as posibilidades das plantacións de quenda curta e alta densidade con material mellorado da especie como alternativa económica e ambientalmente beneficiosa para moitos terreos de Galicia abandonados ou infrautilizados, ou como complemento para explotacións agrogandeiras que precisen diversificar con alternativas máis ambientais (filtro de efluentes, etc.).
Para isto, realizáronse e analizáronse varias plantacións demostrativas de salgueiros en quendas de curta rotación e altas densidades, co clon Terranova, nos municipios de San Sadurniño e Mesía (A Coruña). Como resultados elaboráronse diferentes tarifas de biomasa seca total, de madeira e de cortiza. Ademais, puxéronse a punto metodoloxías de biorrefinería para a obtención de diversos bioproductos do salgueiro: xilitol a partir da madeira, e taninos condensados a partir da cortiza.
O proxecto demostrou que as plantacións de Salix spp. en quendas de curta rotación e altas densidades poden ser unha alternativa economicamente viable e ambientalmente responsable para moitos terreos de Galicia actualmente abandonados ou infrautilizados.
Resultados parciales do proxecto poden encontrarse en: Pérez López, Cristian. 2019. Productividad de plantaciones de turno corto de Salix spp. en Galicia. Traballo Fin de Máster para a Titulación do Máster en Enxeñaría de Montes. Convocatoria de setembro de 2019. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Lugo, Universidade de Santiago de Compostela. 72 pp.