Convenios de investigación coa Xunta de Galicia iniciados ou prorrogados en 2023.

Asínase a prórroga do convenio para realizar o Inventario Forestal Continuo de Galicia e un novo convenio para estudiar a madeira de castiñeiro.

Se prorrogou ata 2024 o convenio asinado coa Xunta de Galicia polo cal estase desenvolvendo por parte das universidades de Santiago de Compostela e de Vigo o Inventario Forestal Continuo de Galicia (IFCG) e no que participan varios investigadores da UXAFORES. Con este inventario quérese coñecer dun xeito preciso e actualizado as existencias, as especies presentes e a calidade da madeira dos montes galegos. As características principais deste inventario son a súa permanencia e o rigor metodolóxico co que está organizado. En relación ao IFCG está dispoñible un sitio web realizado en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia- AMTEGA. Nel pódese atopar toda a información sobre o inventario, cun visor de información e un centro de descargas, e a posibilidade de contactar coa Consellería de Medio Rural para realizar consultas.

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega da Industria Forestal-XERA, subscribiu un novo convenio coa USC que se desenvolverá entre 2023-2025 para proseguir na súa colaboración coa Plataforma da Madeira Estrutural PEMADE. Neste convenio, para o que XERA aportará preto de trescentos mil euros, se desenvolverán varias liñas de colaboración para estudiar a madeira de castiñeiro orientada ao seu emprego na construción.

Búscase incrementar o coñecemento sobre a madeira cun contido elevado de humidade para a avaliación do seu posible uso na construción. Fomentarase así mesmo o emprego da madeira de castiñeiro en forxados mixtos formigón-madeira. Deste xeito redúcese a cantidade de formigón empregado para satisfacer as exixencias da normativa en materia de construción ao conectalo con trabes de madeira de castiñeiro, o que contribuirá a descarbonizar o sector da construción. Ademais, proseguirase coa promoción do uso da madeira na construción, impulsando con isto o produto local e a transferencia ao sector da investigación que se vai realizar.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar