A asemblea de socios 2019 de FSC celébrase en Galicia
É a segunda vez que a asemblea anual de socios de FSC España se realiza en Galicia e a primeira en Lugo.
O día 13 de xuño celebrouse na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo a asemblea anual de socios de FSC España de 2019. Deste xeito FSC (Forest Stewarship Council) apoia o esforzo de Galicia por mellorar a calidade dos seus montes grazas á adhesión a esta certificación forestal recoñecida internacionalmente.
O día anterior celebrouse unha xornada de portas abertas sobre certificación forestal na que se deron a coñecer algunhas das iniciativas en montes certificados FSC en Galicia e realizáronse varias visitas técnicas. Esta xornada foi organizada coa colaboración de UXAFORES pois un dos seus membros, Alberto Rojo, forma parte da Xunta Diretiva de FSC España.