Últimos eventos relacionados coa construción en madeira

Presentación da guía técnica “Solucións innovadoras en madeira estrutural na arquitectura galega actual” e inauguración do edificio Impulso Verde de Lugo.

O día 24 de marzo realizouse en Santiago de Compostela a Xornada de presentación da Guía técnica “Solucións innovadoras en madeira estrutural na arquitectura galega actual” organizada pola Axencia Galega da Industria Forestal -XERA.

Esta guía foi publicada por XERA e elaborada pola Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural- PEMADE e é resultado do convenio para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e promoción da madeira de construción desenvolvido entre XERA e PEMADE dende 2019 a 2022. Na súa presentación participou Belén Feijóo de PEMADE, que é unha das compiladoras dos casos que se presentan, ademais de representantes institucionais e dos estudos de arquitectura responsables dos proxectos elixidos. A guía está dispoñible para a súa consulta e descarga en PDF (en castelá).

O día 1 de abril a alcaldesa de Lugo inaugurou o edificio Impulso Verde. Forma parte do proxecto LIFE Lugo+ Bioclimático que foi financiado polo programa LIFE+ da UE. PEMADE-USC, foi un dos seus participantes xunto co Concello e a Deputación de Lugo e a Universidade Politécnica de Madrid. Trátase dun edificio de varias alturas realizado en madeira local certificada FSC, sendo o primeiro que se constrúe en España co seu proxecto certificado tamén polo FSC. Na inauguración participaron o director de PEMADE Manuel Guaita, que explicou as características que o converten nun edificio único, e Alberto Rojo, como presidente actual de FSC España, que resaltou a súa importancia por ser un fito da certificación de obras no noso país. Pódese atopar mais información sobre o edificio, a súa construción e certificación no sito web do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico e no sitio de FSC España.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar