Novas breves: outono 2022

Teses de doutoramento recentes

O 21 de outubro Juan Alberto Molina Valero defendeu a súa tese titulada “Modelizando a madurez dos rodais forestais partindo de datos do Inventario Forestal Nacional e do escáner láser terrestre” dirixida por César Pérez Cruzado e Juan Gabriel Álvarez González (UXAFORES).

A estimación do grao de madurez dos bosques relacionada coa súa capacidade de almacenamento de biomasa ou carbono é considerada un dos temas máis importantes relativos á ordenación e planeamento forestal nas políticas e estratexias forestais máis recentes. Esta tese de doutoramento explora estas relacións e considera o uso do stock máximo de biomasa a nivel de rodal como unha aproximación á madurez da masa a través do gradiente da calidade da estación, como unha medida que pode ser plausiblemente estimada a partir de datos do Inventario Forestal Nacional (IFN). O estudo foi realizado en España usando datos do IFN e un conxunto no probabilístico de parcelas maduras. Ambas fontes de datos corresponden a masas de pino marítimo (Pinus pinaster ssp. atlantica H. de Vill.), pino silvestre (Pinus sylvestris L.), faia (Fagus sylvatica L.), faial-abetal e abeto (Abies alba Mill.).

Fotografía de Juan A. Molina
Fotografía de Juan A. Molina

A tese de doutoramento de Antonio José Lara Bocanegra titulada “Láminas reticulares de madeira deformadas elásticamente. Do material á construción” dirixida por Manuel Guaita Fernández (UXAFORES) e Francisco Arriaga Martitegui e defendida no mes de xuño na Universidade Politécnica de Madrid ten sido premiada.

Esta tese recibiu un accésit na Categoría de Ciencias Medioambientales dos Premios Margarita Salas de Investigación 2022 concedidos polo Concello de Madrid. A estes premios optan as teses de doutoramento defendidas en universidades da Comunidade de Madrid que se caracterizaran pola súa excelencia científica e por querer facilitar a transferencia do coñecemento entre a universidade e a sociedade.

A entrega de premios foi realizada nun acto celebrado o día 10 de novembro e que está dispoñible en vídeo.

Máis información sobre o premio no sitio web da UPM.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar