Novas breves: outono 2021

Defensa de dúas teses de doutoramento sobre xestión forestal

O 17 de novembro Miguel Ángel González Rodríguez procederá á defensa, na EPSE de Lugo, da tese de doutoramento titulada “Estudo de relacións entorno-produtividade e optimización de xestión incluíndo incerteza climática de rodais de piñeiro radiata en Galicia”. Esta tese foi realizada dentro da actividade do grupo de investigación UXAFORES ao que pertecen un dos seus directores, o Dr. Ulises Diéguez Aranda, e en colaboración coa empresa CERNA INGENIERÍA Y ASESORÍA MEDIOAMBIENTAL, a través da codirección do Dr. Felipe Crecente Campo.

Nesta tese desenvólvense modelos preditivos de produtividade forestal de piñeiro radiata en función de variables climáticas, e se optimiza a xestión de rodais baixo escenarios de clima futuro. O obxectivo es predicir posibles impactos do cambio climático sobre la produtividade, a rendibilidade financeira e a silvicultura de masas de piñeiro radiata en Galicia.

A tese titulada “Modelos multiobxectivo para a planificación forestal en Galicia: un enfoque continuo” será defendida o 10 de decembro polo seu autor José Mario González González na EPSE. Este tese foi dirixida por dous investigadores da USC, un dos cales pertence a UXAFORES, o profesor Dr. Ulises Diéguez Aranda, e o outro, o Dr. Miguel E. Vázquez Méndez, ao Departamento de Matemática Aplicada.

Nesta tese formúlanse e resólvense modelos multiobxectivo para a planificación de rodales regulares empregando unha formulación continua. Con iso preténdese proporcionar unha ferramenta de axuda a toma de decisións na xestión das masas forestais galegas.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar